Monday 29 de April de 2024

A Xunta concede axudas a 39 concellos por un importe global de preto de 2,4 millóns de euros para crear ou mellorar infraestruturas municipais


Estes incentivos están pensados para os municipios de menos de 20.000 habitantes, para colaborar nos seus proxectos de humanización e frear o despoboamento, mellorando a calidade de vida dos veciños

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, por un importe global de preto de 2,3 millóns de euros.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución pola que se anuncia o esgotamento de crédito desta orde de axudas destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

Esta liña de subvencións, impulsada polo Goberno galego ten por finalidade humanizar as vilas galegas e frear o despoboamento, potenciando para elo as infraestruturas e servizos e mellorando o benestar e a calidade de vida da súa poboación.

Cómpre recordar que -tal e como se recollía na orde da convocatoria-, as axudas concedidas equivalerían ao 70% do custo total da actuación subvencionable e a contía máxima a percibir por cada concello, en todo caso, será de 67.760,00 euros (IVE engadido).

As actuacións deberán cumprir coas recomendacións establecidas na Guía de boas prácticas en intervencións en espazos públicos elaborada polo Instituto de Estudos do Territorio, en liña co Plan estratéxico da paisaxe galega que guiará a acción neste eido nos vindeiros catro anos.

Aposta pola colaboración cos concellos
Cómpre subliñar que esta orde de subvencións, convocada por concorrencia non competitiva, enmárcase na aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por manter liñas de colaboración directa cos concellos para facilitarlles a execución de proxectos en materia urbanística.

De feito, nos orzamentos de 2021 ten reservados máis de 7,4 millóns para actuacións dedicadas tanto a crear ou recuperar equipamentos municipais, como a acadar a posta en valor das contornas urbanas.

Unha parte destes fondos destinarase a cofinanciar proxectos municipais a través da sinatura de convenios cos concellos no marco do Plan Hurbe, un programa posto en marcha en 2010 e a través do cal a Xunta executou ou ten comprometidas un total de 317 actuacións urbanísticas en máis dun cento de municipios; e a outra, á convocatoria da orde de axudas dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes que foi convocada hoxe.

Concello                                                         Proxecto
Provincia A Coruña
Dumbría         Mellora das redes de abastecemento e saneamento no núcleo do Ézaro
Muros             Humanización da Rúa Real, 1º fase ordes Praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal
Porto do Son Humanización do tramo oeste da rúa Santa Irene
Santiso           Acondicionamento do espazo público en Felgueira
Teo                 Aseos no campo de fútbol de Cacheiras
Trazo             Dotación da rede de augas pluviais no núcleo de O Pumar- Castelo
Ares               Humanización da plazuela dos Reales Alfolíes
Provincia de Lugo
Antas de Ulla Humanización e mellora urbana da rúa General Portomeñe
Vilalba             Humanización da travesía dos Castros, dende o seu cruce coa rúa Calvario ata o cruce coa                             avenida da Terra Cha, no núcleo urbano de Vilalba
O Vicedo          Humanización e accesibilidade da zona dotacional do Vicedo
Trabada           Mellora na rúa Cotarelo
Pol                    Mellora da seguridade vial no entorno urbano de Mosteiro
Guitiriz            Mellora da rede de saneamento entre as rúas Lagoas e rúa Xermolos
Cospeito          Travesía de Curros Enríquez e Paza Maior, Feira do Monte
Barreiros         Humanización do centro de San Cosme
Begonte            Instalación para subministro eléctrico a depósito de auga potable
Provincia de Ourense
O Carballiño Humanización rúa Mirto coa renovación saneamento, pluviais, abastecemento e                                               iluminación
Allariz              Renovación e acondicionamento parque infantil de Vilanova
Porqueira         Humanización de rúas en San Lourenzo
O Barco de Valdeorras                      Abastecemento, saneamento e pavimentación en Os Nidos
A Veiga              Mellor de rúas en A Veiga
Boborás              Humanización do núcleo de A Vila (Pazos de Arenteiro)
Parada de Sil     Construción de beirarrúas en O Valado e Bouzas
Oímbra               Pluviais e beirarrúas en Pereiro de Videferre
O Irixo                Humanización travesía O Irixo
Esgos                  Humanización da rúa Saramagal e o entorno
Cualedro            Pavimentación da rúa Aira dos Vintes e entrono da Fonte e Fonteíña na Xironda
Cenlle                 Humanización de praza no núcleo de Laias
Castrelo do Val Urbanización da rúa O Poulón
Vilar de Santos  Humanización e mellora na rúa do Forno e na rúa do Seixo
Provincia de Pontevedra
Vilanova de Arousa Soterramento e mellora da eficiencia enerxética no casco urbano de Vilanova
A Cañiza                     Mellora do vial en As Adegas
Crecente                     Humanización e ensanche en camiño Capela- Quintela
Dozón                         Obras de mellora na contorna da Casa Consistorial
A Lama                       Humanización do camiño das Cocheiras
Mos                             Mellora da urbanización de San Eleuterio
Oia                              Humanización para o entorno do Centro sociocultural e vivendas de Loureza
Sanxenxo                   Urbanización e reforma da praza en rúa Méndez Núñez- Portonovo